sábado, 23 de julio de 2011

Motivación, equipos e grupos de traballo

Durante esta primeira semana do curso de Formador Ocupacional tratamos o tema do traballo en grupo, dos equipos de traballo e da motivación en equipos de traballo. Nun curso eminentemente práctico como este e no que o traballo compartido é a base da metodoloxía, a sensibilización ante a necesidade de compartir o noso esforzo cos compañeiros na procura dun resultado óptimo é ineludible. Facendo relacións entre os tipos de empresa e a motivación é organizacíón que se estila en cada unha delas, fixen referencia ao vídeo que inserto a continuación.

Persoalmente prefiro a "versión libre" para o Zemos98 deste ano. Disfrutadeo.

http://zemos98.org/

No hay comentarios: