jueves, 3 de julio de 2008

Recursos para Ética


Aquí tedes un novo recurso para os que necesitades reforzar os coñecementos do bloque adicado a acción humana. Chámase "Axial" e é unha magnífica web para iniciarse na reflexión ética. A proposta que vou facer é moi sinxela. Tedes que entrar na web e seleccionar algunha actividade ou tema do voso gusto. Despois hai que escribir un comentario indicando como localizar a actividade e comentando que vos pareceu (que se note que o mirastes ben).
Espero que vos sexa de utilidade, xa que é un web que foi recoñecido polo Ministerio de Educación. Está moi traballada. Dende aquí o parabén aos seus creadores: Gonzalo Trespaderne Arnaiz e Manuel Merlo Fernández.

martes, 1 de julio de 2008

Unha web quest complementaria


Os que fixechedes o dossier periodístico sobre clonación e Proxecto Xenoma podédelo completar coa información que extraeredes desta boa webquest que vos propoño. Lembrade as pautas que vimos durante o curso para a resolución destas buscas e como sacarlle o máximo partido. Ánimo. Os resultados razoados desta actividade podenos presentar os alumnos que non superaron a asignatura xa que vai ter repercusión na nota que obteñan na proba de setembro. http://www.bioxeo.com/Hello_Dolly/ga/main.htm#introduction

domingo, 29 de junio de 2008

Maus xa está en Galego


Teño presente que disfrutachedes moito con Maus durante o curso, por eso pódevos interesar que xa se pode ler en galego. Considerada unha das mellores da historia e gañadora dun premio Pulitzer en 1992. A editorial mallorquina Inrevés, que xa foi a encargada de editar a versión catalana, é a responsable de que no mercado galego xa teñamos "Maus" na lingua de Rosalía. Esta edición presentouse o sábado 14, ás 19:00 h. na FNAC de A Coruña, coa presenza dos editores, Max e Pere Joan, o traductor Diego García e Miguelanxo Prado.

Hoxe é o día do fútbol

Seguro que hoxe so tendes ollos e tempo para un partido de futbol, pero si queredes ver algo diferente voltade ó famoso partido entre filósofos gregos e alemanes dos Monty Python que xa vos recomendei durante o curso. http://es.youtube.com/watch?v=45dohBzMYm4 .
Abaixo, na barra de vídeo tendes vídeos de filósofos, Do noso século:, Foucault, Derrida, Sartre, Heidegger, Russell, Zizek, Chomsky, Deleuze, Vattimo, Gadamer, Ricoeur, Wittgenstein, Habermas, Levi Strauss, Lacan, Bueno (de españoles apenas hai nada, algo minúsculo de Savater e Marina) e alguns outros máis.

viernes, 27 de junio de 2008

Repasar Lóxica

Poucos tivechedes problemas coa lóxica, para esos poucos e para os que vos divirte este tipo de "xogos" lembrovos a aplicación que xa recomendei ó longo do curso:

http://w3.cnice.mec.es/eos/MaterialesEducativos/mem2003/logica/

E lembrade que A Lóxica, como o whisky, perde os seus efectos beneficiosos cando se toma en grandes cantidades. -Lord Dunsany


Exercios de reforzo para os meus alumnos de Filosofía I

Bos días a todos, noraboa a tódolos aprobados e ánimo a todos os que se teñen que esforzar un pouco máis. Para todos, pero especialmente para os que teñades en mente coller filosofía II, que espero que sexades moitos, un exercicio didáctico para escomezar a coñecer ós filósofos que vos han romper o cranio o curso vindeiro.
Podedes utilizar este xogo facendo click no seguinte enlace, sorte, a ver se alguén consigue a frase completa. http://http://www.juntadeandalucia.es/averroes/iesabdera/novela/oraculo_3_0.html
Sorte

jueves, 26 de junio de 2008

Un libro para o verán



Comezamos os artigos estivais para os que desexen seguir filosofando, aínda que a calor aperte, cunha lectura recomendada que nos refrescará as ideas. Trátase da Guía visual Espasa escrita por Stephen Law. Esta guía é moi recomendable para os alumnos que acabades de rematar de cursar Filosofía I, e mesmo para aqueles de Filosofía II que gardedes bo recordo da materia. Editada en papel suave e brillante, contén múltiples fotografías que axudan a situar mellor as grandes cuestións filosóficas que poboan as súas páxinas.
En primeiro lugar introdúcese que é a filosofía. A continuación percórrese a historia da filosofía comezando pola antiga Grecia, incluíndo o pensamento oriental, pasando á filosofía medieval, a moderna e a contemporánea. Unha vez feita esta posta en situación, comeza o tratamento de temas filosóficos: o coñecemento, a metafísica, a filosofía moral, a filosofía da mente, filosofía da relixión, filosofía política, filosofía da ciencia e "ferramentas filosóficas" (lóxica).
Para concluír revísanse cáles foron os grandes pensadores ao longo da historia: Tales de Mileto, Pitágoras, Lao Tzu, Confucio, Heráclito, Parménides, Zenón de Elea, Demócrito, Sócrates, Platón, Aristóteles, Diógenes de Sínope, Epicuro, San Tomás Maquiavelo, Maquiavelo, Descartes, Spinoza, Locke, Hume, Kant, Hegel, Marx, Nietzsche, Husserl, Russell, Ortega, Wittgenstein, Heidegger, Popper, Sartre, Beauvoir, Foucault, Rorty, Derrida, ¡ ¡ e moitos máis!! Todos eles inclúen unha ficha con foto na que se comenta a súa obra. (Se alguén non desexa desembolsar o diñeiro que custa a guía, non ten máis que a solicitar na biblioteca do seu barrio. Así máis persoas a poderán consultar).
Ficha de la guía en la web El Buscón.

Sobre a cabeceira do Blog. ¿A quen lle pode interesar fotografar filósofos?

Steve Pyke: fotógrafo de filósofos
Autor: Julian Baggini para The Philosophers Magazine con tradución de Guillermo Moreno para Per Se
Data de publicación: Febreiro 16, 2007 por Revista Per Se

Moita xente encontra fascinantes os filósofos. O que fai diferente ao interese do fotógrafo Steve Pyke é que se enfoca - literalmente - non no que pasa ao interior dos seus cranios senón no que pasa ao exterior desas cabezas.
O retrato que Pyke fai dos filósofos, publicado por primeira vez en 1993, converteuse en rexistro visual definitivo da xeración de filósofos da posguerra a medida que se achegan ao final das súas carreiras. Vinte anos despois moitos deles xa non están connosco: Elizabeth Anscombe, A. J. Ayer, Isaiah Berlin, Donald Davidson, Jacques Derrida - sen mencionar moitos máis.
Os retratos de Pyke son recoñecibles instantaneamente. A maioría son tomas feitas coa cámara a solo polgadas do rostro do suxeito, resultando ás veces ásperos, impersoais, e como dixo o modelo Michael Frede da súa propia fotografía, unha vista "desaduladora". Non é sorprendente que a algúns dos suxeitos non lles guste o resultado. "Sentín que non era de todo xusta", dixo Michael Dummett. Se o obxectivo era facelo ver bonito, podería ter razón, pero se se trataba de facer o seu rostro interesante, Dummett non ten bases para queixarse.
Vinte anos despois da primeira colección, Pyke regresou cunha nova serie capturando á seguinte xeración de filósofos. A sesión está completa. E as fotos serán exhibidas en Nova York no outono, cun libro agendado para saír a finais do 2006.¿Que levou a Pyke a interesarse tanto nos filósofos, e como as reunións con eles moldearon o seu propio pensamento? Discutín estas preguntas con el mentres saboreabamos un croque monsieur no Soho de Londres cando Pyke facía unha visita breve dende o seu adoptada Nova York.
"A Miña idea da filosofía era unha área completamente densa que non tiña ningunha relación coa miña vida" dixo Pyke, describindo as súas propias preconcepcions ante unha sesión que lle cambiou a vida con A J. Ayer, para Tatler, en 1998.
"Dixéranme que tiña como uns dez minutos con el e se converteron en catro ou cinco horas de falar. Falamos achega todo tipo de cousas. Falamos sobre a guerra, me acordo, e sobre o tempo que pasou en Europa nos treintas e como era o ambiente político naquel tempo, o que era moi interesante. O mellor de A. J. Ayer era que podías falar con el a moitos diferentes niveis. Dábache distintos sendeiros cara á filosofía. A pesar de que o coñecía pouco, foi moi aberto".
Pyke mencionou varias veces a apertura dos filósofos aos que fotografou, e iso foi claramente o que máis lle impresionou de Ayer. "Isto foi cara ao final da súa vida e era incriblemente aberto, talvez máis polo punto no que se atopaba. Foi moi estimulante estar a un lado del de moitas distintas maneiras".
A sesión con Ayer foi unha inspiración. "Pensei que o realmente interesante sería coñecer e fotografar talvez outros dez filósofos. Non sucedeu así".
Para darlle forma ao proxecto, Pyke decidiu que necesitaba algunhas guías, así que falou con Ted Honderich, quen o suxeriu a algunhas persoas coas que podería comezar. Logo preguntoulle cada un dos suxeitos doutras dez persoas que eles pensaban que poderían ser fotografadas. Se o mesmo nome saía tres veces Pyke agregábao á súa lista.
"Certas persoas eran mencionadas sempre, como por exemplo Quine, Rawl e Chomsky". Pero o que sorprendeu máis Pyke foi cánto variaba esta lista. "Supuxen que sería algo específico saber quen eran os pensadores líderes na filosofía. Non pensei que dentro da filosofía houbese tantas áreas diferentes". Pyke estaba a descubrir que a filosofía é tan tribal e fragmentada como calquera outro camiño da vida.
"Moi pronto esta lista quedou en ao redor de 30 nomes. "Non desperdiciei nada de tempo. Tomei tres ou catro semanas e en canto obtiña un si me ía e fotografábaos". Todo isto foi autofinanciado. Pyke era movido polo seu propio interese e non tenia comisión para asegurar o custo dos seus traballos.
"A razón pola que me chamou a atención foi que os primeiros catro ou cinco filósofos que coñecín eran moi interesantes. Non necesariamente lévaste ben coa xente. Coñezo e fotografo xente todo o tempo. Quizais dous ou tres sesións á semana. É só que atopei este grupo moi estimulante e parecíame unha colección interesante de xente para fotografar. Sorprendeume moito que ninguén o fixese antes".
O proxecto puxo a Pyke nunha posición moi particular. Estaba a coñecer e falando cos máis grandes filósofos no mundo, pero non lía moito do seu traballo. "Estaba a traballar datas límites de entrega moi apertadas cada día", explica, "só tiña máis ou menos unha hora para cada persoa, o cal é pouco tempo. Non había oportunidade no momento para ler e esa non era a razón pola que estaba aí. Pronto me di conta que estaba a organizar un arquivo de retratos de xente que os filósofos sentían eran os pensadores máis sobresaíntes".
"Había algunhas palabras para acompañar a imaxe, non obstante Pyke pediu a todos os fotografados que fixesen unha breve declaración da súa filosofía de ata 100 palabras. Poucos se rexeitaron, e tal negativa foi incluída no pé de foto. H. L. Hart escribiu: "para ser sincero, penso que a idea dun resumo de 50 a100 palabras é absurda,... recoméndolle que a esqueza ".
"A base da miña comprensión da filosofía vén do que se puxo alí", di Pyke, "as cincuenta palabras que a xente dixo do seu traballo e nalgúns casos un pouco máis". O interesante é que, acumulativamente, estes resumos si dan unha boa idea de cual é a filosofía nestes tempos. Algúns temas son recorrentes: buscar a claridade conceptual, descubrir suposicións fundamentais, o uso rigoroso do método lóxico e demais.
"A idea que tiña dende o principio foi que isto se puidese desmitificar" di Pyke. "Dalgún xeito desmentiu o mito que tiña que a filosofía era tan densa que non tiña relación coa miña vida. A xente ten a idea de que a súa filosofía está completamente separada da filosofía académica. Pero de moitas maneiras atopei que non o está".
Para a súa nova serie de retratos, Pyke descubriu que o centro de poder cambiou. En Inglaterra estaba a facer menos viaxes a Oxford e a Cambridge, e en total facíanse máis tomas no outro lado do atlántico.
"É interesante o feito de que son moito máis novos. O que pasou antes foi que chegabas á universidade; logo tardabas un tempo para chegar a obter certa posición; non obterías o teu primeiro libro senón ata que tiveses 40 ou 45 anos de idade; non esperarías que tivese algún impacto senón ata dez anos despois; así que falas de xente que se aproxima aos 60 anos antes de que se convertesen en alguén ben coñecido. Esta vez, moita xente é da xeración máis nova de filósofos, hai moitos máis guías do pensamento para coñecer que a primeira vez ".
Pyke seguiu exactamente o mesmo método que a vez anterior para seleccionar os suxeitos e deixoume saber algúns dos nomes máis mencionados. Kit Fine, Bob Stalnaker, Richard Rorty (un dos moitos que se perdeu a primeira vez) Barry Stroud, Joseph Raz, Harty Field e Tyler Burge son nomes que aparecían unha e outra vez. E dos filósofos máis novos Timothy Williamson resaltaba da multitude.
Á parte da súa apertura, outra característica que Pyke pensou que era típica dos suxeitos era o seu pragmatismo. "Moitos deles, cando empezabas a falar doutros filósofos, dicían algo así como que gastaran unha hora lendo o libro desa persoa hai 20 anos. Parece moita soberbia. A realidade é que comparten a idea de que o tempo é curto".
O Mesmo Pyke non ten antecedente académico. Nacido en Leicester en 1957, en aquel tempo o corazón industrial de Inglaterra, deixou a escola aos 16 e forxou o seu propio camiño. A culminación desa carreira ata a data foi o seu recente acomodo como fotógrafo de planta do New Yorker, unha posición envexable antes sostida por un só home - o gran Richard Avedon. Isto veu despois doutro gran logro: un MBE (distinción á excelencia do imperio Británico) por servizos ás artes. Un das honras concedidas no aniversario da Raíña, no 2003.
Dalgún xeito, non obstante, a súa carreira ten algo en común cos filósofos cos que traballou. "Eu escollín o meu camiño como fotógrafo por que para min era o medio de auto expresión e talvez un medio para entender máis acerca de min mesmo e do mundo no que vivo ".
As súas fotografías, como a filosofía, teñen algo que ver con revelar a realidade dalgún xeito. Pyke cre que as súas fotografías concirnen non tanto coa iluminación e a natureza do suxeito fotografado, senón como constancia dalgún encontro en particular.
"O que sucede é que hai unha conversación entre dúas persoas e a cámara captura algunha especie de idea do que estaba a suceder entre esas dúas persoas. Non é só unha semellanza. O que busco (cando selecciono a foto a utilizar) é algún tip de destilación de como eu recordo o encontro".¿Podemos aprender algo dos filósofos con solo mirar aos retratos de Pyke?
"Eu creo - especialmente cando se chega a certa idade - que o xeito en que pesamos e o xeito no que vivimos nosas vidas reflíctese en como a vai o noso rostro. Xa sexas unha persoa aberta ou non, aí esta no rostro".
Notas:
*Artículo cortesía de The Philosophers Magazine.*Fotos propiedade de Steve Pyke©, aparecidas en Philosophers editorial Zelda Cheatle Press, 1993.