jueves, 26 de junio de 2008

Un libro para o verán



Comezamos os artigos estivais para os que desexen seguir filosofando, aínda que a calor aperte, cunha lectura recomendada que nos refrescará as ideas. Trátase da Guía visual Espasa escrita por Stephen Law. Esta guía é moi recomendable para os alumnos que acabades de rematar de cursar Filosofía I, e mesmo para aqueles de Filosofía II que gardedes bo recordo da materia. Editada en papel suave e brillante, contén múltiples fotografías que axudan a situar mellor as grandes cuestións filosóficas que poboan as súas páxinas.
En primeiro lugar introdúcese que é a filosofía. A continuación percórrese a historia da filosofía comezando pola antiga Grecia, incluíndo o pensamento oriental, pasando á filosofía medieval, a moderna e a contemporánea. Unha vez feita esta posta en situación, comeza o tratamento de temas filosóficos: o coñecemento, a metafísica, a filosofía moral, a filosofía da mente, filosofía da relixión, filosofía política, filosofía da ciencia e "ferramentas filosóficas" (lóxica).
Para concluír revísanse cáles foron os grandes pensadores ao longo da historia: Tales de Mileto, Pitágoras, Lao Tzu, Confucio, Heráclito, Parménides, Zenón de Elea, Demócrito, Sócrates, Platón, Aristóteles, Diógenes de Sínope, Epicuro, San Tomás Maquiavelo, Maquiavelo, Descartes, Spinoza, Locke, Hume, Kant, Hegel, Marx, Nietzsche, Husserl, Russell, Ortega, Wittgenstein, Heidegger, Popper, Sartre, Beauvoir, Foucault, Rorty, Derrida, ¡ ¡ e moitos máis!! Todos eles inclúen unha ficha con foto na que se comenta a súa obra. (Se alguén non desexa desembolsar o diñeiro que custa a guía, non ten máis que a solicitar na biblioteca do seu barrio. Así máis persoas a poderán consultar).
Ficha de la guía en la web El Buscón.

No hay comentarios: