Teño presente que disfrutachedes moito con Maus durante o curso, por eso pódevos interesar que xa se pode ler en galego. Considerada unha das mellores da historia e gañadora dun premio Pulitzer en 1992. A editorial mallorquina Inrevés, que xa foi a encargada de editar a versión catalana, é a responsable de que no mercado galego xa teñamos "Maus" na lingua de Rosalía. Esta edición presentouse o sábado 14, ás 19:00 h. na FNAC de A Coruña, coa presenza dos editores, Max e Pere Joan, o traductor Diego García e Miguelanxo Prado.
2 comentarios:
Olá MAría. Alégrame de que te servira a información do meu blog. Pero aínda máis saber que hai alguén ao outro lado do fío que me dá as grazas. É curioso, estiven dando clases en Marzo no instituto do Grove, antes de semana santa, foi unha pena, porque tiven moito tempo libre, podíate pasar os meus apuntes que dou nos cursos:
http://fucoterapia.blogspot.com/2008/12/material-para-os-alumnos-do-curso-de.html
O libro que pos, outra coincidencia, é o último que acabo de ler. Encantoume, agora quería ler Kiki de Montparnasse, que me dixeron que estaba moi ben.
Un saudiño.
Xacobo de Toro
Esto é unha xoia.
Saúdos
Publicar un comentario